Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 22 de febrero de 2012

CUADRILÁTEROS

Según conta a muller que axudou a Juanita, un 32% das 5.743 especies de anfibios que hai, están en perigo de extinción. Imos calcular cantas especies son esas. Para iso debes seguir atentamente os pasos que aparecen numerados nunha actividade que está detrás deste sapo.

Ademais, na mesma ficha, atoparás un esquema para repasar os cuadriláteros. Fíxate que, aínda que os coñeces todos, imos facer unha nova clasificación cos trapecios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario