Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 12 de febrero de 2012

HAI, AÍ, AI!

A Balbino gustáballe ir á feira. Sabes por que? Comeza a ler o capítulo "Eladia" e poderás averigualo.

Sen embargo un día foi coa tía Carme e pasou algo de apuro porque atopou a alguén con quen non contaba.

Neste capítulo Balbino vainos relatar a súa experiencia na escola: como era, onde estaba, o que aprendían os rapaces, como era o mestre... e incluso algúns ditos populares como "a letra con sangue entra".

Fíxate que distinta era a escola de antes á de agora. Le e compara.

No hay comentarios:

Publicar un comentario