Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
lunes, 6 de febrero de 2012
MEDIR ÁNGULOS
Hoxe aprenderemos a medir ángulos usando o transportador.
Preme na fotografía e atoparás un esquema sinxelo onde se explican todos os pasos que hai que dar para averiguar a medida da amplitude dun ángulo.
Trouxeches o transportador? Sen el non poderás facer estas actividades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario