Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
miércoles, 15 de febrero de 2012
OS TRIÁNGULOS
Que forma ten este sinal? Sabes que quere decir? Debería estar colocada á beira do río para evitar a caída de Juanita?
Este sinal vainos servir para facer un repaso da clasificación de triángulos que estudamos o curso pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario