Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 1 de febrero de 2012

ÁNGULOS CONSECUTIVOS, ADXACENTES E OPOSTOS POLO VÉRTICE

Hai uns días repasamos as clases de ángulos que había atendendo á súa amplitude. Agora imos estudalos según a súa posición.

Fíxate que no debuxo aparecen dous ángulos que comparten o vértice e un lado. Chámanse consecutivos. Hai un caso especial de consecutivos que se chaman adxacentes.

Imos aprender a diferencialos polas súas características. Preme na fotografía e atoparás unha nova clasificación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario