Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 15 de febrero de 2012

BALBINO É O MESTRE

Eladia enfermou e agora Balbino vai facer de mestre durante uns días. Imos ler outro fragmento deste capítulo onde descubriremos cales son os sentimentos do noso amigo con respecto á súa mestra.

Tamén faremos un ditado e analizaremos as formas verbais dalgunhas oracións que aparecen no texto.

Preme na fotografía e pon moita atención.

No hay comentarios:

Publicar un comentario