Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 7 de marzo de 2012

UNIDADES DE LONXITUDE

A avoa Adela preparou espaguetis para Martín, sen embargo el estaba tan preocupado que non tiña apetito.

Sabes que un espagueti mide aproximadamente 26,5 cm. Serías capaz de expresar esa medida en dm e mm?

O curso pasado aprendimos a transformar unidades maiores en menores, agora imos repasar este concepto e aprenderemos a facer a conversión ó revés: de unidades menores a maiores.

Preme aquí para copiar un esquema e algunhas actividades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario