Dentro duns días faremos unha pequena saída ó lugar dos Muíños. Queda preto do colexio, e alí veremos como son os muíños de pedra que están restaurados ó lado do río.
Esta actividade é para buscar información sobre varios aspectos destas construccións. Teremos que fixarnos nos materiais que se empregaron para a súa construcción, na forma que teñen, onde están ubicados e por que... e moitas máis cousas que seguro se nos van ocurrindo.
Para iso, é mellor anotar as nosas ideas, para ter ben clariño o que temos que facer cando cheguemos a este lugar. Hoxe imos traballar en grupos de 5 para preparar a saída, así que presta moita atención á explicación da mestra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario