Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 18 de diciembre de 2011

AMÉRICA

Alguén da familia de Balbino abandonou a aldea para emigrar a América. Por que o faría? Le atentamente este capítulo e logo comentaremos aspectos interesantes sobre a emigración.

Preme na fotografía e atoparás un guión co traballo de hoxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario