A Biblioteca Escolar "O niño da curuxa" fomentou a partricipación dos alumnos nunha das súas actividades: o concurso de marcapáxinas "Akíkedei".
A propia Biblioteca proporcionou a plantilla e nós elaboramos o debuxo que debía facer referencia ás estacións ou ós meses do ano.
Houbo un premio por ciclo, no noso grupo Darío gañou o do 3º ciclo. A responsable da Biblioteca veu á nosa clase a comunicalo e ademais regalounos a todos os alumnos do mesmo ciclo unha copia do marcapáxinas premiado. Temén nos devolveron os nosos orixinais, e plastificados! para que nos duren máis tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario