Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




sábado, 10 de diciembre de 2011

LEMOS DECIMAIS

Hoxe imos aprender a ler números decimais. Podemos facelo de dúas maneiras.

Fíxate neste cadro da dereita e faraste unha idea. Ademais, na segunda forma que aparece neste cadro, podes substituír a palabra "con" por "coma".

Non é tan complicado. Preme no recadro e atoparás varios exemplos para practicar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario