Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




sábado, 10 de diciembre de 2011

PRONOMES PERSOAIS

"Os grandes son donos de sí e do mundo. Fan e desfán, gobernan, arman ó merlo con guerras, negocios e canta trangallada hai."

Así comeza o quinto capítulo de "Memorias dun neno labrego". Fíxate ben na opinión que ten Balbino dos maiores. Estás ti de acordo con el?

A lectura non nos servirá só para reflexionar, aproveitaremos para repasar os pronomes persoais que aprendemos o curso pasado, e axudándonos do diccionario, buscaremos sinónimos para substituír algunhas palabras.

Preme na fotografía para ver o traballo de hoxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario