Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
domingo, 18 de diciembre de 2011
TRABALLAMOS CON NÚMEROS DECIMAIS
Aproveitando que están en Ourense, Martín e Adela fixeron varias compras.
Se premes na fotografía verás cal foi o importe dos artigos que compraron e poderás ordenalos.
De volta a Ourense terán que coller un desvío. Fíxate nos datos que se dan para averiguar que indicador deberán seguir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario