Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
miércoles, 14 de diciembre de 2011
REPRESENTACIÓN DE DECIMAIS NA RECTA NUMÉRICA
Imos aprender a representar números decimais na recta numérica. Ademais, isto serviranos para saber ordenalos.
Preme nesta recta numérica da fotografía e atoparás un cadro no que se explica como dividir a recta en décimas e centésimas para poder representar os números. Logo poderás practicar con varias actividades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario