Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




lunes, 19 de diciembre de 2011

OPERACIÓNS CON DECIMAIS

A avoa Adela va facer a compra e leva un billete de 20 €. Despois de mercar varios artigos de distintos prezos vai pagar... Chegaranlle os cartos para adquirir todo o que tiña pensado?

Axúdalle a Bolboreta a facer a conta.

Se premes na fotografía atoparás máis problemas e algunhas operacións con decimais que xa aprendiches a facer o curso pasado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario