Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 1 de diciembre de 2011

DÉCIMAS, CENTÉSIMAS E MILÉSIMAS

A avoa Adela mercoulle a Martín un casco de motorista que lle custou 99,75 euros.

99,75 é un número decimal e tamén pode representarse como fracción decimal.

Preme no casco para repasar algunha cousiña que estudamos o curso pasado e para aprender algún concepto novo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario