Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 30 de noviembre de 2011

CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA

Sabías que o 6 de decembro celebraremos o día da Constitución?

Sabes que é a Constitución? E o Estatuto de Autonomía?

Coñeces a bandeira da nosa Comunidade Autónoma? E a do noso país?

Hoxe trataremos estes temas. Preme na fotografía para aprender cuestións relacionadas cos nosos dereitos e deberes, cos elementos que nos identifican...

No hay comentarios:

Publicar un comentario