Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 10 de noviembre de 2011

FRACCIÓNS EQUIVALENTES

A nai de Roberto é médica e a diario está en contacto con medicamentos. O que ves na fotografía é un pastilleiro onde se gardan as pastillas da semana.

Daste conta de que podemos representar nel algunha fracción? Pois imos aproveitar este exemplo e aprenderemos o que son fraccións equivalentes.

Preme no pastilleiro e... adiante coa tarefa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario