Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
martes, 8 de noviembre de 2011
RESOLVENDO PROBLEMAS
Unha das comidas que preparou a avoa Adela para o seu neto foi un bo prato de filloas. Cando o pai de Martín era pequeno comíaas de 6 en 6.
Sabes que ingredientes se precisan para elaborar as filloas? E en que cantidade?
Imos utilizar estes datos para razonar uns problemas.
Preme no prato de filloas e pon ó teu cerebro a pensar. Poderás facer a tarefa co compañeiro que tes ó teu lado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario