Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
martes, 1 de noviembre de 2011
AS FRACCIÓNS
O día que Martín e os seus pais chegaron a Castrosil, a avoa Adela fíxolles caldo, empanada e filloas.
Sabes que fracción de fabas, patacas, verdura, carne e auga leva o caldo? Queres averiguar en cantas partes cortaron a empanada e cantos trozos comeu cada un?
Estas cuestións e outras sobre fraccións poderás atopalas dentro desta empanada galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario