Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 23 de noviembre de 2011

AS COMIÑAS

O tío Braulio foi buscar molime ó coto de Guillal e aconteceulle algo inesperado.

Sabes que é o molime?

Poderías clasificar esta palabra dentro dalgunha clase que xa coñezas?

Imos pouco a pouco. Primeiro averiguaremos quen é o tío Braulio e o que lle pasou. Logo aprenderemos a usar as comiñas ("...") e para finalizar, traballaremos coa palabra "molime".

Cres que esta fotografía pode ser unha pista? Preme nela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario