Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




martes, 8 de noviembre de 2011

COMPARAMOS FRACCIÓNS

Adela é unha avoa moi especial: conduce unha moto, navega por internet e chatea con persoas de todo o mundo. Das 24 horas que ten o día fai unha distribución moi peculiar.

Preme na fotografía para escribir en forma de fracción as tarefas que fai a avoa nun día e logo aprender a ordenalas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario