Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
lunes, 14 de noviembre de 2011
PRACTICAMOS A SUMA E RESTA DE FRACCIÓNS
Martín está xogando cos seus amigos nun bosque de castiñeiros. É verán, tempo de vacacións, de xogos... por iso seguramente non se lle pasan pola cabeza as fraccións...
Pero nós estamos no mes de novembro, no colexio... así que imos ó traballo.
Preme nesta fotografía dos ourizos e atoparás unha serie de actividades para practicar o que levamos aprendido sobre fraccións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario