Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
miércoles, 30 de noviembre de 2011
O EMBALSE DE SAN PEDRO
Martín e a súa avoa van camiño de Ourense e pasan polo embalse de San Pedro, no río Sil. Sabías que se pode pescar no río?
Se premes na fotografía averiguarás máis cousas interesantes sobre este lugar: a súa localización, como se pode chegar e incluso atoparás imaxes fermosísimas do río... Iso sen esquecer que co asunto da pesca imos practicar os números mixtos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario