Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
jueves, 24 de noviembre de 2011
SUBSTANTIVOS COLECTIVOS E INDIVIDUAIS
A tía Carme ten o costume de levar o rabaño ó campo.
Que clase de substantivo é "rabaño", individual ou colectivo?
E o substantivo "molime" ou "mulime", paréceche que é individual ou colectivo?
Segue á tía Carme e ó rabaño para atopar o traballo de hoxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario