Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




lunes, 28 de noviembre de 2011

NÚMEROS MIXTOS

Martín levara unha cruz de flores brancas no enterro dos seus avós maternos. Con este exemplo (unha cruz formada por varias pezas) vou ensinarte o que é un número mixto.

Se premes nesta fotografía poderás completar un esquema que che servirá para aprender de onde sae un número mixto e como se transforma unha fracción nel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario