Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




sábado, 26 de noviembre de 2011

AS NOSAS LIBRETAS



Unha das ferramentas máis importantes no noso traballo é o caderno. Nel facemos esquemas e resumos que nos axudan a memorizar os contidos que imos aprendendo, e aplicamos eses coñecementos a casos prácticos resolvendo distintas cuestións.

Apetéceche velos?

1 comentario: