Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




martes, 1 de noviembre de 2011

TRABALLANDO DE PANADEIROS

A ver se somos capaces agora de contar como é o traballo dun panadeiro e como se fai o seu produto estrela: o pan.

Non vaiades pensar que a elaboración do pan é de hai catro días... O pan xa existía na prehistoria, pero se facía cunha técnica moi primitiva, sinxela e artesanal. Logo foi evolucionando ata hoxe.

Imos continuar organizando a nosa información para logo ensinarvos o que aprendemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario