Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 6 de noviembre de 2011

PRESENTÁMONOS



Cando comezamos a ler a novela de "Memorias dun neno labrego" comprobamos que o primeiro que facía Balbino era presentarse. Nós fixemos o mesmo. Aquí tedes unha mostra dos nosos traballos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario