Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
domingo, 13 de noviembre de 2011
SUMAR E RESTAR FRACCIÓNS
Fíxate na fotografía. Supón que a avoa de Martín fixo unha tarta. Ela comeu 2/5 da tarta e Martín 1/5. Que fracción da tarta comeron entre os dous?
Observa ben o cálculo e poderás deducir que hai que facer para sumar fraccións que teñen o mesmo denominador. Para restar o sistema é moi parecido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario