Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 13 de noviembre de 2011

A NOSA CULTURA, AS NOSAS TRADICIÓNS

Balbino acudiu coa súa familia a unha procesión. Estase celebrando a festa do patrón, como en calquera outro lugar de Galicia. Seguro que che resultarán familiares algúns dos detalles que imos ler hoxe no capítulo do Xudío, sen embargo necesitarás axuda para comprender outros...

Por exemplo: sabes que é un Indiano? Por que un personaxe leva o nome de Xudío?

Tamén poderás dar a túa opinión sobre a donación de cartos, a que os dedicarías ti?

Todas estas cuestións, e outras máis, atoparalas ó premer nesta procesión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario