Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
miércoles, 14 de diciembre de 2011
LOCALIZAMOS PRONOMES PERSOAIS
Balbino, a pesar de ser pobre, descubriu que aínda hai xente máis pobre que el e que o pasa peor. É o caso do seu amigo Andrés. O pai de Andrés non é precisamente unha boa persoa que se preocupe da súa familia.
Hoxe imos rematar de ler o capítulo "Os grandes". Logo comentaremos o texto, faremos un ditado e traballaremos cos pronomes persoais.
Preme nesta fotografía, na que te poderás dar conta das preferencias do pai de Andrés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario