Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 4 de diciembre de 2011

OS XENERAIS DA ULLA

Fíxate nesta foto antiga. Representa ós xenerais da Ulla. Hoxe segue manténdose esta tradición de entroido en moitos pobos galegos.

No capítulo que estamos lendo, "Loito", aparecen mencionados estes personaxes e outros que forman parte da troula do entroido.

Preme na fotografía e, entre outras cousas, imos ver como está o pobre de Balbino que, por mor do loito, tivo que quedar na casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario