Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




martes, 31 de enero de 2012

A CANDELARIA

O 2 de febreiro é o día da Candelaria. A tradición di que ese día casan os paxaros. Nesas datas pódense escoitar os máis fermosos cantos dos paxaros, ledos porque están namorados coma nunca. Unha vez que atopan parella fabrican os seus niños e... a criar!

Imos axudarlles a celebrar a súa voda, así que preme aquí e escoitarás unha canción apropiada para a ocasión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario