Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 29 de enero de 2012

O REBUSQUE

Balbino non poido ir á festa pero foi ó rebusque. Imos ler un anaco máis deste capítulo e verás como despois eres capaz de explicar en que consiste o "rebusque".

Que terá que ver a fotografía desta caixiña coa lectura de hoxe? Para descubrilo terás que poñer moita atención ó ler.

Fíxate ademais en que estado quedou o souto despois da festa. Que se che ocorre que se pode facer para melloralo?

Abre a caixiña e atopa a tarefa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario