Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
miércoles, 18 de enero de 2012
COMPRENSIÓN LECTORA E EXPRESIÓN ESCRITA
Algo atopou Balbino cando ía co gando á Zanca Vella. Pero... que foi?
Imos rematar de ler o capítulo de "Pachín" e logo comentarémolo.
Para rematar falaremos sobre as nosas mascotas e escribiremos sobre elas.
Preme neste raposo que foi o causante dos feitos que acontecen ó final deste capítulo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario