Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
miércoles, 25 de enero de 2012
RECTAS
O curso pasado aprendimos algo sobre as rectas. Agora imos repasar eses conceptos e ver outros novos como a semirrecta, o segmento...
Preme na fotografía e descubrirás o que xa sabes e o que tes que aprender de novo. Logo de facer o esquema, traballaremos co debuxo da páxina 47 da novela. Adela, Julio e Martín seguen no restaurante. Imos localizar aí distintos tipos de rectas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario