Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
miércoles, 18 de enero de 2012
RESOLVEMOS PROBLEMAS CON NÚMEROS DECIMAIS
No club de ciclismo ó que pertencían Julio e o pai de Martín, fixéronse unhas compras: bicicletas de montaña, cascos e contaquilómetros.
Se premes na fotografía averiguarás cal é o prezo de cada obxecto e se ten algunha rebaixa. Deste xeito poderás resolver algunhas cuestións que se propoñen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario