Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




lunes, 9 de enero de 2012

OPERACIONES CON NÚMEROS DECIMAIS

Martín e a súa avoa degustaron ricos manxares no restaurante San Mateo. Canto terían que pagar pola comida?

Preme na fotografía e poderás saber o que pediron para comer e o prezo de cada prato. Ademais repasaremos a representación dos números decimais na recta numérica e outros conceptos que ó mellor xa tes algo esquecidos, como os números mixtos.

Ánimo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario