Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 15 de enero de 2012

A TÍA CARME TRAE UNHA NOVA

Todas as mañás, a tía Carme fai o mesmo traballo. Unha mañá desas, mentras facía a mesma tarefa, enterouse dunha historia que contou ó chegar á casa. Estás intrigado?

Preme nesta fonte, que algo ten que ver coa lectura de hoxe, e atoparás os pasos que debes seguir para coñecer a nova que contou a tía Carme.

Tampouco esqueceremos a gramática. Localizaremos determinantes indefinidos, numerais e posesivos, ademais das formas non persoais do verbo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario