Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




lunes, 9 de enero de 2012

PACHÍN

Xa sabemos que Balbino ten un can que se chama Pachín. Hoxe imos saber como é realmente, tanto no seu aspecto físico como na súa forma de ser.

A ver se ti es capaz de describir un can igual que fixo Balbino. Fíxate ben nas características do can que aparece na ficha que está detrás desta fotografía e... a describir!

No hay comentarios:

Publicar un comentario