Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 12 de enero de 2012

MULTIPLICAR UN NATURAL POR UN DECIMAL

Adela e Julio tomaron o seu café ó rematar de xantar no restaurante. Se cada café custa 0,95 €, poderías calcular canto custaron os dous?

Xa sei que estás pensando que hai que multiplicar 0,95 x 2 e o resultado é o prezo dos cafés. Pero, como facemos esta multiplicación se un dos factores é un número decimal?

Non é tan complicado e hoxe imos aprender a facer estas operacións. Preme na fotografía e atoparás a explicación ademais dunhas actividades para practicar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario