Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 19 de enero de 2012

DIVISIÓNS CO DIVIDENDO MENOR QUE O DIVISOR

No restaurante San Mateo tamén fan unhas tartas de mazá riquísimas. O día que Julio, a avoa Adela e Martín estiveron alí comendo, fixeron 8 tartas. Para elaboralas utilizaron 7 kg de mazás. Poderías calcular cantos kg de mazá leva cada tarta?

Se te fixas, ó repartir 7 entre 8 o dividendo é menor que o divisor. Preme na fotografía para aprender a facer este tipo de divisións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario