Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 26 de enero de 2012

OCIO E TEMPO LIBRE

Sabes que xogo é iste? Balbino xoga a el. Como está de loito e non pode ir á festa entretense e pasa o seu tempo libre xogando a isto na eira.

Imos comezar outro capítulo: "Rebusque". Fíxate ben na lectura e compara todo o que percibe Balbino da festa e o que se pode ver nas festas da actualidade. Divírteste ti igual que o facía el?

Preme na fotografía e imos tratar estas cuestións e conxugar un verbo que aparece na lectura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario