Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
sábado, 19 de mayo de 2012
CONXUNCIÓNS
Hoxe imos rematar de ler o capítulo "O xuramento". Pon moita atención para saber por que estas historia leva ese título.
Tamén imos aproveitar a lectura para localizar conxuncións e nalgunhas oracións identificaremos o suxeito e o predicado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario