Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




martes, 15 de mayo de 2012

PASANDO O TEMPO

E nunca mellor dito. A avoa Adela decidiu pasar o tempo escoitando un programa de radio que durou 3.780 segundos.

¿Poderías expresar ese tempo en forma complexa?

Inténtano. Podes resolver este problema e outros similares se premes na radio da fotografía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario