Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




domingo, 6 de mayo de 2012

PREPOSICIÓNS E CONTRACCIÓNS

Imos comezar a ler outro capítulo de Memorias dun neno labrego: O xuramento. Nel coñeceremos un novo personaxe, Serafín o enterrador. Averiguaremos de onde veu, onde vive, como é o seu carácter e forma de ser, as súas características físicas e como viste normalmente.

Con varios parágrafos desta lectura desenvolveremos a actividade de hoxe: localizaremos preposicións e contraccións, descubriremos que outro oficio ten Serafín e describiremos a un compañeiro utilizando como exemplo a descrición de Serafín.

Preme na fotografía e... adiante!

No hay comentarios:

Publicar un comentario