Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




martes, 1 de mayo de 2012

PALABRAS CON S/X

Cando Xaquín foi a casa de Balbino, o pai deste trouxo unha xerra de viño e falaron de canto hai.

En galego hai palabras que, dependendo de que leven s ou x, teñen significado diferente. Fíxate ben: non é o mesmo unha xerra coma a da fotografía, que unha serra.

Preme nesta xerra de barro imos estudar o uso do s e do x.

No hay comentarios:

Publicar un comentario