Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".
viernes, 25 de mayo de 2012
O MEDO DE BALBINO
Balbino non aturou as burlas de Manolito e fixo algo que ó final causoulle medo.
Continuemos lendo un fragmento máis do capítulo "A pedra". Faremos un ditado e escoitaremos as vosas opinións sobre o que fixo Manolito e como actuou Balbino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario