Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




martes, 1 de mayo de 2012

ENTENDEMOS A INFORMACIÓN DAS GRÁFICAS

Nun lugar montañoso de difícil acceso, Rosendo ten unha chea de colmeas de onde obtén o mel que logo vende durante o ano.

Se premes neste tarro, atoparás cal foi o nivel de ventas dos últimos anos representado en dúas gráficas. Fíxate nelas atentamente para poder contestar as preguntas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario